2 de julio de 2013

Novidades do INE

Fonte: elaboración propia apartir de datos do INE
Clic na imaxe para ver en grande
O 28 de xuño o Instituto Nacional de Estadística publicou os datos da "Encuesta de Estructura Salarial" de 2011. Puidemos coñecer que a brecha salarial (ver: Glosario) entre homes e mulleres aumentou, xa que o salario feminino pasou de representar un 77,5% a un 77% do masculino . A ganancia media anual para os homes foi de 25.667,89 euros, mentres a feminina quedouse nos 19.767,59 euros.

Se miramos o salario medio anual por tipo de xornada vemos que o salario medio feminino en contratos a tempo completo é de 23.692,76 euros, mentres o de tempo parcial é de tan só 10.077,81 euros. Pola súa banda, os masculinos son de 27.595,54 e 11.232,73 euros respectivamente. Respecto a datos do ano anterior supón unha baixada salarial nos dous tipos de xornada para as mulleres e un aumento para os homes.





No relativo a Galicia, o INE indica que o salario medio foi de 19.970,29 euros. Para as mulleres foi de 17.291,96 euros (un 2,3% menos que en 2010), mentres os homes gañaron 22.381,85 euros (un 1,1% menos que o ano anterior). Na seguinte táboa pódense ver os datos para tódalas comunidades autónomas.

Fonte: INE
Clic na imaxe para ver en grande