Lexislación

Pinceladas históricas

No relativo á igualdade salarial, é importante coñecer o Convenio 100 sobre igualdade de remuneración da Organización Mundial do Traballo (OIT) que data de 1951. No seu segundo artigo establece que:
1. Todo Miembro deberá, empleando medios adaptados a los métodos vigentes de fijación detasas de remuneración, promover y, en la medida en que sea compatible con dichos métodos,garantizar la aplicación a todos los trabajadores del principio de igualdad de remuneraciónentre la mano de obra masculina y la mano de obra femenina por un trabajo de igual valor.
Establece tamén que este principio deberase aplicar por medio da lexislación nacional, de calquera sistema para a fixación da remuneración, establecido ou recoñecido pola lexislación, mediante os contratos colectivos delebrados entre empregados e traballadores ou a acción conxunta destes diversos medios.


Se nos remontanos no dereito español, podemos ver como a lexislación contiña múltiples prohibicións de traballo feminino. A muller era considerada o fragilitas sexus, o sexo fráxil. Así, unha muller non podía, por exemplo, acceder a cargos xudiciais e fiscais. Esta prohibición aparecía aínda no artigo 3.2.c) da Lei 55/1961 de 22 de xullo, sobre dereitos políticos, profesionais e de traballo das mulleres, como unha excepción á norma xeral de acceso a cargos públicos (que se establecía por primeira vez nesa lei), restrinxindo a incorporación da muller á carreira xudicial (exceptuando a Maxistratura de Traballo e a Jurisdicción de Menores) e o ingreso nas Armas e Corpos dos Exército de Terra, Mar e Aire (salvo autorización expresa). Na Marina Mercante a muller podía actuar unicamente en funcións sanitarias.

A Lei de Contrato de Traballo de 1944, no seu artigo número 11, indicaba que unha muller necesitaba a autorización expresa do seu marido para firmar un contrato de traballo. Ademais, se o marido así o indicaba o pago do salario non se lle facía directamente á traballadora.

O Decreto de 1 de febreiro de 1962 establecía que mulleres e homes debían recibir a mesma retribución salarial por traballo de igual rendemento.
Artículo 3. 1.- La mujer disfrutará del mismo salario que el hombre a trabajo de rendimiento igual. Las Reglamentaciones de Trabajo, convenios colectivos y Reglamentos Interiores de Empresa señalarán normas específicas que adecuen la retribución al diferente valor o calidad del trabajo femenino. Las diferencias deberán quedar justificadas debidamente en la disposición que las establezca.          
2.- Es nulo todo pacto o acuerdo que en los contratos de trabajo vulnere lo dispuesto en este artículo.



A lexislación galega


Nos artigos 2 a 4 da Lei 7/2004, de 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes defínense diferentes tipos de discriminación, así como accións positivas a tomar no ámbito sociolaboral no relativo á desigualdade entre homes e mulleres.

Buscarase a eliminación absoluta das discriminacións directas e indirectas.
A Xunta de Galicia aplicará todas as súas competencias para conseguir... (que) a maternidade deixe de ser carga exclusiva das nais e motivo de discriminación para as mulleres. 
      -Lei 7/2004, de 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes

Esta lei establece que "existirá discriminación directa cando unha persoa sexa, fose ou puidese ser tratada de xeito menos favorable coa outra en situación análoga por razón de sexo". Indica tamén que "existirá discriminación indirecta cando unha disposición, criterio ou práctica aparentemente neutra lle poida ocasionar unha desvantaxe particular a unha persoa respecto doutras por razón de sexo, salvo que se poidan xustificar cunha finalidade lexítima e que os medios para a consecución desta finalidade sexan adecuados e lexítimos."

No relativo ás accións positivas, esta lei establece que "co efecto de promover a igualdade entre mulleres e homes, non se considerarán discriminatorias as medidas especiais encamiñadas a acelerar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Ademais, "as medidas de acción positiva manteranse mentres non estean plenamente acadados os obxectivos de igualdade de oportunidades".

Esta lei tamén regula o acceso ao emprego público galego con medidas de fomento da composición equilibrada do persoal ao servizo da Xunta de Galicia.



O Decreto 33/2009, do 21 de xaneiro polo que se regula a promoción de igualdade nas empresas e a integración do principio de igualdade  nas políticas de emprego define os plan de igualdade como un "conxunto de medidas a adoptar para alcanzar en todos os ámbitos da empresa a igualdade entre  mulleres e homes e a eliminación da discriminación por razón de sexo." Segundo a Lei 2/2007 son obrigatorios para: "administración autonómica, organismos autónomos, sociedades públicas, fundacións do sector público autonómico, entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da comunidade autónoma e organimos con dotación diferenciada nos orzamentos da comunidade autónoma". Tamén están obrigados a ter plans de igualdade as empresas de máis de 250 traballadores. 

A Consellería de Traballo convoca anualmente axudas  dirixidas a empresas galegas con recursos limitados que apliquen un plan de de igualdade de xeito voluntario, como consecuencia dun acordo coa representación legal de traballadores e traballadoras, ou en cumprimento de obriga establecida nun convenio con ámbito superior á empresa. As empresas obrigadas a realizalos deben cubrir os gastos co seu propio orzamento, pero si poderán recibir asesoramento técnico e formación da Consellería de Traballo, como establece o artigo 4 do Decreto 33/2009.



O Estatuto dos Traballadores, no seu artigo número 28, reflexa o principio de igual retribución por traballo de igual valor (ver "Glosario"): "satisfecha directa o indirectamente, y cualquiera que sea la naturaleza de la misma, salarial o extrasalarial, sin que pueda producirse discriminación alguna por razón de sexo en ninguno de los elementos o condiciones de aquella".

Algúns convenios colectivos incluén este artigo, aínda que se dedican máis ben a enuncialo de xeito máis ou menos fiel. Así, a disposición adicional sétima do convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia indica que "en consonancia con las disposiciones vigentes de carácter nacional e internacional en materia de igualdad de oportunidades en el ámbito laboral, se vigilará y se asegurará una igual prestación económica por un trabajo de igual valor".

No hay comentarios:

Publicar un comentario