Presentación

Unha muller gaña menos que un home.


Esta  afirmación pode parecer sacada do pasado, pero é unha realidade a día de hoxe. 
Neste blog podes atopar información acerca da discriminación salarial das mulleres dende as súas causas ata a onde dirixirte se te atopas nesta situación, pasando polos datos máis recentes.


Existen unha serie de indicadores que se utilizan habitualmente para medir a situación laboral, como son a presencia no mercado laboral, o nivel de desemprego, a representación dun sector da sociedade nos empregos temporais, o salario, etc. E a muller sae peor parada que o home en todos.

A discriminación por razón de xénero é un fenómenos estrutural inscrito nas bases do patriarcado. A sociedade patriarcal canaliza diversas formas de discriminación feminina que se traducen en datos obxectivos e cuantificables no ámbito laboral.


"O capitalismo rifa e o patriarcado distribúe os boletos."
     -Celia Amorós (filósofa feminista) 

No hay comentarios:

Publicar un comentario