Directorio

Existen diferentes organismos, plataformas e movementos que se adican a defender a igualdade da muller, tanto nos dereitos laborais coma no resto de aspectos.


Por exemplo, dende a Xunta de Galicia, a través da Secretaría de Igualdade, puxeron en marcha un servizo de "Asesoramento Xurídico On-line" gratuíto para proporcionar información e asesoramente xurídico sobre cuestións relacionadas coa muller, como a discriminación por razón de sexo, a violencia de xénero, acoso sexual, etc. 


Dende os diferentes sindicatos tamén defenden a igualdade salarial, chegando a ter na maioría dos casos un apartado dedicado ás mulleres. Así podemos atopar unha Área de Igualdade en CCOO; un apartado adicado á muller en CIG; unha sección adicada á igualdade, con unha Área da Muller de USO Galicia ou a Fundación para a Igualdade Mª Xosé Arcos promovida por UGT Galicia. Na nosa Comunidade Autónoma tamén están a CNT, que reivinca melloras laborais para a muller, e a CGT.


Marcha Mundial das Mulleres (na Galiza) é "un movemento de accións feministas que reúne grupos e organizacións de base que traballan para eliminar as causas da pobreza e da violencia contra as mulleres". Loitan contra tódalas formas de desigualdade e discriminación hacia as mulleres.


O Instituto de la Mujer é un organismo autónomo adscrito ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociales e Igualdade que ten como principal finalidade a promoción e fomento das condicións que fagan real e efectiva a igualdade entre homes e mulleres. Toda persoa que considere que está sendo discriminada por razón de sexo pode dirixirse a este organismo mediante correo electrónico ou posta. Tamén teñen teléfonos de información gratuíta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario